Aprobada a remisión da documentación completa do PXOM á Xunta

O Concello de Abegondo celebrou o 11 de decembro o pleno municipal co punto principal consistente na remisión da documentación completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal á Xunta de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente aprobou de forma definitiva o PXOM o 19 de outubro e agora correspondeulle ao Concello enviar todos os documentos. Este trámite, aprobado na sesión, lévase a cabo tras efectuar a corrección de erros materiais detectados.

Ademais, na sesión deuse conta do informe técnico municipal realizado sobre a afección do proxecto de liñas de evacuación dos parques eólicos, previstos noutros municipios, para conectar coa suposta subestación que Red Eléctrica Española quere levantar en Folgoso. Isto xeraría unha afección importante en Abegondo e ese informe serviu de base para as alegacións xa presentadas polo Concello.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *