O Diario Oficial de Galicia (DOG), do 27 de febreiro de 2024, informa das afeccións que causa a praga da polilla guatemalteca da pataca en Abegondo.
En concreto, decláranse como zonas infectadas as seguintes parroquias:
- Abegondo
- Cabanas
- Figueroa
- Sarandós
Os agricultores destas zonas deben presentar obrigatoriamente os anexos relativos ás parcelas cultivadas e á pataca almacenada, segundo os anexos da orde do DOG antes do 26 de marzo.
Ademais, decláranse como zonas tampón as parroquias de:
- Cerneda
- Folgoso
- Mabegondo
- Meangos
- Montouto
- Viós
Neste caso é obrigado presentar o anexo sobre parcelas cultivadas antes do 1 de abril.
As patacas cultivadas nas zonas tampón son só para autoconsumo, non valen para sembrar e deben transportarse tapadas e só na propia zona tampón
O resto de parroquias son zonas libres: Orto, Crendes, Limiñón, Cos, Presedo, Leiro, Cullergondo, Vilacova e Vizoño
O Concello de Abegondo, a través do departamento de Medio Ambiente, ofrece un servizo de información sobre esta situación da praga. Pódese acudir a el na Casa do Concello.
Anuncio informativo do Concello sobre a praga da pataca en Abegondo





