O Concello de Abegondo publica a oferta de actividades deportivas e culturais para o verán 2024. Trátase dunha completa programación con modalidades para todas as idades e respondendo aos centros de interese da cidadanía.
No programa poden atoparse todas as disciplinas incluídas, así como os diferentes packs aos que pode acceder a veciñanza.
A programación está elaborada para fomentar o deporte e a cultura durante o verán, tanto como opción lúdica e formativa como para facilitar a conciliación.
A inscrición realizarase a través da sede electrónica.





