Aberto o prazo de inscricións para os nenos e nenas nas Actividades Deportivas da tempada 23-24

O Concello de Abegondo vén de abrir hoxe o prazo de inscrición para as Actividades Deportivas da tempada 2023-2024. Durante un mes, ata o vindeiro 21 de setembro, os interesados poderán inscribir aos nenos e nenas nas diferentes modalidades ofertadas a través do Rexistro Municipal ou por sede electrónica, nunca a través de monitores e adestradores.

As renovacións nas actividades serán automáticas. Mentres, tanto as baixas como as altas novas deberán comunicalo polo Rexistro Municipal ou por sede electrónica.

O pago poderá ser por curso completo ou mensual (obrigatoria domiciliación). Ademais, as familias numerosas terán un desconto do 15%, o mesmo que as persoas con discapacidades acreditadas iguais ou superiores ao 33%.

Pode obter unha información máis detallada no Concello (981 647 909) ou nos diferentes puntos de atención deportiva: Servizo de Deportes (655 998 023, de 8:30 a 14:30 horas), Pavillón (630 404 667), Ximnasio-Piscina (659 65 59 89) e Adestra Saúde (620 39 21 10).

Consulte este documento para obter máis información sobre as actividades deportivas de Abegondo para todas as idades e as actividades culturais.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *