Abegondo xa conta con pump track e circuito BTT

O Concello de Abegondo engadiu un pump track e un circuito de BTT á súa rede de infraestruturas deportivas.

No primeiro caso trátase dun pequeno circuíto, con pendentes e curvas de diferentes desniveis, para a práctica en bicicleta ou monopatín, entre outros. O Concello completou hai días os traballos da instalación, situada en San Marcos, no campo da feira. O seu uso é libre para a cidadanía, seguindo as normas especificadas no cartel colocado no recinto.

Este tipo de circuítos están en auxe como instalación deportiva ao aire libre. O rexedor, José Antonio Santiso, destacou que «son idóneos para todas as idades» e anima aos veciños a aproveitar o bo tempo para ir coñecelo.

No segundo caso, o Concello de Abegondo creou un circuíto BTT no parque fluvial de Beche. Conta con tres percorridos, de diferentes dificultades, con diversos elementos para os afeccionados á bici de montaña.

Estas dúas actuacións levan a cabo dentro da Rede de Cidades Saudables á que Abegondo está adherido. O seu investimento é de 100.000 euros.

A Rede Española de Cidades Saudables (RECS) é unha agrupación de cidades que, dentro da FEMP, uníronse ao amparo dos principios e actividades acordes co programa Cidades Saudables (Healthy Cities) da Organización Mundial da Saúde, co fin de crear as condicións precisas e os mecanismos apropiados para lograr unha forma estable de colaboración en actividades encamiñadas a fomentar e conseguir cidades máis saudables, o que constitúe o seu principal obxectivo.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *