Abegondo trasladará o ximnasio aos Loureiros polo inicio das obras do pavillón San Marcos

O Concello iniciará as obras de remodelación e ampliación do pavillón San Marcos a próxima semana. Así o confirma o alcalde, José Antonio Santiso, que incide en que se trata dun dos proxectos «estrela e co que se continuarán mellorando as infraestruturas para a veciñanza». Debido ao arranque destes traballos, o ximnasio municipal permanecerá pechado desde mañá, mércores 4 de marzo, ata o sábado, día 7, para trasladar a maquinaria da instalación á nova localización provisional, nos Loureiros.

O servizo municipal retomarase a partir do luns na nova localización, que estará dispoñible nos mesmos horarios. En canto ás actividades deportivas municipais, estas renovaranse a partir do mércores, 11 de marzo, en diferentes localizacións: Os Loureiros, no CEIP San Marcos, na Sala Biosfera e nos locais sociais de Viós e Sarandós.

Referente deportivo

As actuacións no pavillón San Marcos executaranse cun orzamento de 1.483.831,35 millóns de euros co que se buscará, como explica o primeiro edil, un claro obxectivo: «queremos que Abegondo siga sendo un referente a nivel deportivo, con instalacións municipais que estean á altura da demanda crecente e das necesidades da veciñanza”.

Para lograr esta meta, as actuacións implicarán o aumento da superficie en varios puntos da dependencia como na zona de vestiarios, no ximnasio, en sala fitness e na de actividades dirixidas, entre outras estancias. As actuacións implicarán tamén a renovación do pavimento da pista deportiva e o reforzo das condicións de accesibilidade, entre outras.

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *