Abegondo súmase á campaña de compostaxe doméstica do Consorcio As Mariñas 

O Concello de Abegondo e o Consorcio As Mariñas lanzan unha nova campaña de compostaxe doméstica dirixida a todas as veciñas e veciños do municipio. A campaña ofrece formación gratuíta en Abegondo, entrega de composteiro e material para comezar na casa, e seguimento ás familias que xa compostan. 
 
Para participar, anótate en http://consorcioam.rsu.gal/. O equipo da campaña chamarache para convocarte á sesión.

A data prevista en Abegondo é o luns 26 de outubro ás 10:00 e ás 16:30 na Casa do Concello.
 
Cofinanciado pola Unión Europea · FEDER Galicia 2021-2027. 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *