Abegondo renova co Consorcio As Mariñas o convenio da brigada social de limpeza viaria
- Unha preparadora labora formará aos integrantes durante seis meses
O Concello de Abegondo asinou co Consorcio As Mariñas o convenio de formación para a súa brigada social de limpeza viaria. O acordo permitirá dar continuidade a esta iniciativa para o próximos seis meses, ata xuño.
Polo convenio, unha preparadora laboral do Consorcio encargarase da formación aos integrantes da brigada. Trátase de veciños de Abegondo con diversidade funcional.
Pola súa banda, o Concello entregou a roupa de traballo e as novas ferramentas nun acto presidido onte polo alcalde, José Antonio Santiso. O rexedor agradeceu aos membros da brigada “a labor pública” que realizan por Abegondo e animoulles a seguir formándose “coas mesmas ganas que ata o de agora”.
A brigada asume tarefas de mantemento de estradas e conservación de espazos públicos.






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!