Abegondo organiza un taller de competencias dixitais coa vista posta na xeración de emprego

Coa vista posta na xeración de emprego, Abegondo celebrará o venres, 26 de setembro, un taller de competencias dixitais. Ao longo da formación, as persoas participantes aprenderán a facer un bo currículo e a atopar oportunidades laborais en liña. Así mesmo, daránselles consellos para enfrontarse a entrevistas virtuais e poderán descubrir novas profesións e outros coñecementos útiles para a procura dun traballo.

O taller levará a cabo de 9.30 a 11.30 horas na aula Cemit de Abegondo. As persoas interesadas poderán inscribirse neste espazo e solicitar máis información no correo cemit.abegondo@xunta.gal ou no teléfono 981 647 909.

Esta acción formativa realízase grazas á colaboración da Xunta de Galicia, do Ministerio para la Transformación Digital y de Función Pública e conta con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *