Abegondo oferta actividades de Nadal para os maiores

O Concello de Abegondo, a través do departamento de Servizos Sociais, oferta un programa de actividades Nadal para os nosos maiores. Serán dúas iniciativas en ámbitos de grande interese para a veciñanza.

A primeira será unha excursión a Celanova e Allariz, o martes, 12 de decembro. Tras unha parada en Melide, xa en Celanova os participantes visitarán Vilanova dos Infantes. Tras o xantar, terá lugar a visita a Allariz.

O prazo de inscrición á actividade xa está aberto, ata que se completen todas as prazas, e o prezo é de 25 euros.

A segunda proposta consistirá en talleres de cociña navideña. Haberá dúas sesións, impartidas por Maite, de El Fogón del Atlántico, nas que os participantes elaborarán receitas típicas do Nadal.

O martes, 19 de novembro, o obradoiro impartirase na Finca Os Loureiros, en horario de 11.00 a 13.00 horas. E o xoves, 21 de decembro, será no Local Social de Viós, de 10.30 a 12.30 horas.

Os interesados en participar deberán acudir ao departamento de servizos sociais do Concello para anotarse.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *