Abegondo mellora as instalacións do CEIP de San Marcos a través do pintado integral das aulas de Educación Infantil.
O Concello de Abegondo dá continuidade á súa decidida aposta pola mellora das instalacións educativas municipais co pintado integral das aulas de Educación Infantil do CEIP San Marcos.
A intervención, que contou cun orzamento de 7.200 euros, supuxo o pintado integral das seis aulas de Educación Infantil e das zonas comúns que comparten ditas estancias, mellorando notablemente a estética destes espazos de estudo.
A actuación realizouse durante o período vacacional de verán, co obxectivo de non interferir co período lectivo.
O tenente de alcalde, Alberto Seoane, desprazouse esta mañá ao centro para comprobar o resultado dos traballos. Alí, acompañado por representantes do corpo docente, amosou a súa satisfacción con unha actuación á que definiu como “necesaria para que os nenos e nenas do CEIP San Marcos poidan dispoñer dunhas instalacións óptimas para o desenvolvemento dos seus estudos».





Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!