Abegondo instalará un videomarcador LED no polideportivo municipal

O Concello de Abegondo levará a cabo unha importante mellora no polideportivo municipal, situado en San Marcos. O recinto deportivo contará cun novo videomarcador, con pantalla LED, como equipamento audiovisual idóneo para ofrecer información aos espectadores e usuarios.

Para realizar a adquisición do equipo, o goberno local logrou a subvención da Xunta de Galicia. En concreto, o investimento será de 20.290,80 euros, dos que 10.000 euros procederán da administración autonómica, a través da Secretaría Xeral do Deporte.

Co marcador, de 6 metros cadrados, o Concello poderá ofrecer tanto os datos da competición que se dispute como información municipal e de servizos. Estará preparado para emitir tamén vídeo.

Desta forma, as miles de persoas que pasan polo polideportivo tanto para eventos deportivos de modalidades como patinaxe, baloncesto ou balonmán, así como para actividades promovidas polo Concello, dispoñerán dunha ferramenta de información idónea.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *