Abegondo impulsa unha fronte de concellos para reclamar o 100% do IBI da AP-9

O Concello de Abegondo inicia o camiño para lograr unha reclamación histórica: que a concesionaria da autoestrada AP-9 pague anualmente o 100% do imposto sobre bens inmobles (IBI), para o que conta cunha exención dun 95% por unha lei de 1972. E, previsiblemente, farao xunto a máis Concellos polos que discorre a infraestrutura, aos que o alcalde, José Antonio Santiso, convocou para crear unha fronte común.

Os expertos xurídicos conclúen que en agosto de 2023 venceu a cláusula coa mencionada exención do imposto. Por tanto, os Concellos xa poderían tributalo ao 100% desde o último trimestre do ano pasado, e por suposto xa en 2024.

O rexedor mostrouse contento de tomar esta iniciativa porque suporá un aumento dos ingresos municipais «que poderemos dedicar a investimentos e servizos de interese veciñan en lugar de beneficiar á empresa concesionaria». No caso de Abegondo, serían 595.000 euros ao ano os que se recadarían, fronte aos 29.771,04 euros que se percibe actualmente. O municipio é un dos máis afectados ao albergar 20 quilómetros de calzada, peaxes e outras dependencias.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *