Abegondo estrea un servizo gratuíto de alugueiro dun coche eléctrico para os seus veciños

  • É o único municipio de España que decide a gratuidade a prestación, que se enmarca no plan Vive de Hyundai
  • Os usuarios reservan o vehículo mediante unha APP, que lles permite acceder a el

Os veciños e veciñas de Abegondo contan desde hoxe cunha nova opción para a súa mobilidade: o alugueiro gratuíto dun coche eléctrico. O servizo, prestado con Hyundai, foi presentado hoxe polo alcalde, José Antonio Santiso, o director de Márketing de Hyundai España, Jorge Taracena, o xerente de Hyupersa Finisterre Motor, Francisco Zabaleta, e o vicepresidente de Grupo Pérez Rumbao, Ramón Seijas.

O vehículo é un Hyundai Kona, 100% eléctrico, que permanecerá estacionado no punto de recarga instalado polo Concello xunto á casa do concello. O seu uso será por horas, que será preciso reservar previamente a través dunha APP, denominada Vive, na que hai que rexistrarse previamente.

Coa autorización do uso xa se pode acceder directamente ao vehículo e utilizalo. Haberá un límite temporal dun día, e de distancia, 200 quilómetros desde Abegondo.

Abegondo é o único concello de España en ofrecer este servizo, dentro do Plan Vive de Hyundai, de forma gratuíta para os seus veciños. Nos outros 49 municipios onde se promoveu, incluíuse un pago para facelo autofinanciable, explicou Taracena.

O alcalde destacou que o servizo permitirá aos veciños contar cun vehículo eléctrico para cuestións de todo tipo, desde recados, lecer, desprazamentos á cidade, ou ante eventualidades como o arranxo do coche propio, por exemplo. “Ampliamos as posibilidades de mobilidade para os nosos veciños e apostando por un transporte ecolóxico”, afirmou.

Santiso incidiu en que esta iniciativa súmase á dotación de puntos de carga para coches eléctricos con uso gratuíto para os veciños. Avanzou que se pediu á Deputación a relación de propietarios deste tipo de vehículos para poder facilitarlles o uso, mediante tarxeta, destes puntos: este xunto ao Concello e outro que se vai a colocar en San Tirso de Mabegondo.

Ademais, lembrou, o Concello está a xerar sendas ciclistas ao longo do municipio para promover o uso doutro medio ecolóxico como a biblioteca.

Por parte de Hyundai, Taracena indicou que esta iniciativa de carsharing da marca está pensada para o rural, ofrecendo solucións de mobilidade e sen pegada de carbono. Zabaleta sinalou que o plan é “fantástico para perder medo ante o reto da electrificación que temos por diante”.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *