Abegondo en Familia
O próximo 9 de xullo chega a Beche ‘Abegondo en Familia’
Poderase gozar de numerosas actividades lúdicas para todas as idades como inchables, obradoiro, competición en familia, campionato de tute ou un paseo en carro de cabalos.
Tamén habéra distinto espectáculo como a danza dos paxaros e un espectáculo de maxia a cargo do Mago Antón, ‘Mil maxias máis’.
Toda a familia poderá gozar dunha verbena a cargo de Xilo & Carlos Show e Paco Lodeiro, presentando o espectáculo ‘A liga dos Abegondeses extraordinarios con Cesar Romero e Laura Añon’. Así mesmo, contarase coa actuación da Charanga TDB.
Toda a familia poderá gozar dunha comida popular. Para iso, débese reservar mesa, ata o 30 de xuño, no 981 647 996 ou na casa do Concello.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!