Abegondo dinamiza o Samaín cunha camiñada á luz das lanternas este venres.

  • Baixo o título ‘Camiño das Ánimas’, os asistentes poderán gozar dunha ruta nocturna por Beche con espectáculo de lume e maquillaxe.

O Concello de Abegondo dinamizará a actividade dos seus veciños e veciñas na celebración do Samaín a través dunha camiñada nocturna por Beche.

A actividade celebrarase este venres, 25 de outubro, e faise un convite para que os participantes acudan disfrazados e portando lanternas. A xornada comezará ás 19:00 horas co maquillaxe e continuará co inicio da camiñada ás 20:30 horas. Durante a actividade levarase a cabo un espectáculo de lume.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse no departamento de Cultura, chamando ao 981 647 909 ou enviando un correo a cultura@abegondo.gal.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *