Abegondo congregará aos mellores exemplares de cans de caza na súa mostra anual

Os mellores exemplares de cans de caza poderán verse este domingo, 15 de xuño, en Abegondo. Todo de man da Mostra de Cans de Caza, organizada pola Asociación de Cazadores de Abegondo en colaboración co Concello. O evento arrincará o domingo, a partir das 11.00 horas, na finca As Quintás.

O remate da mostra, que vai xa pola súa XXVI edición, chegará coa entrega de premios. Durante a mesma outorgaranse os galardóns de caza maior, caza menor (pelo-pluma), mellor can e, ademais, o de mellor lote e mellor camada.

As persoas interesadas poderán anotarse no teléfono 669 841 452. En calquera caso, só poderán participar os cans que conten con microchip, cartilla sanitaria e documentación segundo a lexislación vixente.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *