Abegondo celebrará o Samaín coa andaina terrorífica ‘Camiño das Ánimas’ en Beche

O Concello de Abegondo celebrará o Samaín cunha proposta pensada para gozar dunha tarde-noite chea de misterio e diversión, o ‘Camiño das Ánimas’, unha andaina por Beche que combinará o ambiente propio destas datas con maquillaxes terroríficas, magosto, música e varias sorpresas para as persoas participantes.

A actividade desenvolverase o sábado 31 de outubro a partir das 19:30 horas, nunha convocatoria na que o medo e a diversión irán da man. Para participar na andaina, as persoas asistentes deberán acudir cunha lanterna e un disfrace terrorífico.

A programación comezará antes, xa que as sesións de maquillaxe terrorífica darán inicio ás 18:00 horas, para que as persoas participantes poidan prepararse para a ocasión e completar os seus disfraces antes de emprender o percorrido.

Para participar tanto na andaina como na maquillaxe será necesario inscribirse previamente no departamento de Cultura do Concello de Abegondo. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico cultura@abegondo.gal ou chamando ao teléfono 981 657 909.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *