Abegondo celebra San Marcos sentando á mesa a 535 veciños na súa XXXII Festa da Terceira Idade

A Finca Os Loureiros converteuse, hoxe, no escenario para celebrar un dos días grandes de Abegondo: San Marcos, patrón do municipio. O espazo, reformado recentemente polo Concello, serviu como punto de encontro para os 535 comensais que sentaron á mesa para gozar da XXXII Festa da Terceira Idade.

Como é habitual, a comida de confraternización foi o momento principal da festa, un para departir e interactuar entre os veciños. Nesta ocasión, o menú consistiu en entremeses, callos, carne asada, pasteis, xeado e café. Antes de dar conta dos pratos, o alcalde, José Antonio Santiso, deu a benvida aos comensais, incidindo na importancia desta cita que “permite non só celebrar un dos nosos días grandes como é o de San Marcos, senón tamén xerar un punto de encontro e unión para os veciños e veciñas de todas as parroquias”.

A Festa da Terceira Idade ofreceu boa comida, pero tamén boa música. Nesta edición, a cargo da Banda de Música de Abegondo e das actuacións de Carlos Manteiga e de Nolly, cantante da orquestra Los Satélites.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *