Abegondo celebra o 9 de xullo en Beche o seu multitudinario Día da Familia

O Concello de Abegondo organiza o seu multitudinario Día da Familia o domingo, 9 de xullo. Será, como é habitual, no parque fluvial de Beche, espazo que o acolle desde a súa creación en 2014.

A asistencia habitual á xornada supera as 2.000 persoas. O Día da Familia está concibido como a reunión de veciños e veciñas de todas as parroquias, compartindo comida, actividades e música.

As actividades lúdicas comprenderán inchables, talleres, competicións en familia, campionato de tute ou paseo en carro de cabalos.

A nivel de espectáculos, a xornada acollerá a función teatral da Danza dos Paxaros, e ao Mago Antón, con Mil Maxias Máis.

A verbena en familia levantará aos asistentes cos ritmos de Paco Lodeiro, Xilo & Carlos. Ofrecerán o espectáculo “A liga dos abegondeses extraordinarios con César Romero e Laura Añón”. E contarase coa animación da Charanga TDB.

O Concello conta para a organización coa colaboración de Agadic, a Xunta de Galicia e a Deputación.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *