Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada completan o seu obradoiro de emprego en busca “dunha inserción laboral real”
Os Concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada deron hoxe por finalizado o seu obradoiro de emprego conxunto, que levou a cabo nos últimos 9 meses. A acción, denominada “Reserva de Biosfera: Emprego Verde IV”, posibilitou a formación de 20 persoas en situación de desemprego.
A Casa do Concello de Abegondo, como municipio coordinador, acolleu o acto de clausura, presidido polo conselleiro de Emprego, José González, e o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. Participaron xunto a eles a alcaldea de Bergondo, Alejandra Pérez, o alcalde de Carral, #José Luis Fernández Mouriño, o alcalde de Paderne, Sergio Platas, a concelleira de Oza-Cesuras, Pilar Rilo, e de Sada, Ricardo Berrocal, e a directora xeral de Formación, Zeltia Lado.
O taller de emprego encamiñouse nesta ocasión á capacitación en dúas especialidades consideradas clave para o acceso a un traballo: Edificación e obra civil, por unha banda, e albanelería e acabados, polo outro.
Dez dos alumnos recibiron os certificados de profesionalidade de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción e de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas. Os outros 10 obtiveron o certificado de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
“Son dúas áreas nas que constatamos bastante encaixe tanto para poder emprender como autónomos como para traballar por conta allea”, explicou Santiso. O rexedor felicitou ao alumnado e expresoulles o seu desexo de que “logren ou acceso ao mercado laboral” como meta da acción.






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!