Abegondo acolle este domingo unha exhibición de cans de caza con trofeos para os mellores exemplares
A Asociación de Cazadores de Abegondo organiza este domingo, 16 de xullo, unha exhibición de cans de caza na que se dará a coñecer aos mellores exemplares de diferentes razas.
A cita, na que colabora o Concello, dará comezo ás 10.00 horas na leira As Quintás. Como en anteriores edicións, a previsión da organización é reunir por centos de devotos deste deporte.
O broche final da xornada chegará coa entrega de premios aos mellores exemplares. En concreto, entregaranse os seguintes galardóns: caza maior, caza menor (pelo-pluma), mellor lote, mellor can da exposición.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través do teléfono 669 841 452. En todo caso, os propietarios só poderán participar con cans que conten con microchip, cartilla sanitaria e documentación segundo a lexislación vixente.

Consulta aquí a ubicación no mapa:
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!