Abegondo abre o prazo de solicitude para as lumeiradas de San Xoán 2025
A veciñanza do Concello de Abegondo xa pode cubrir o formulario para solicitar a autorización necesaria para realizar as tradicionais lumeiradas de San Xoán en espazos públicos.
No formulario tamén se detallan as normas relativas á prevención de incendios que todas as persoas solicitantes teñen a obriga de cumprir.
As persoas que precisen máis información poderán contactar coa Casa do Concello no teléfono 981 647 909.
O prazo para realizar a solicitude está aberto ata o 20 de xuño ás 14:00 horas.






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!