Abegondo abre o prazo de solicitude para as axudas deportivas de alto interese municipal 2025
A partir de mañá, martes 11 de novembro, o Concello de Abegondo abre o prazo de inscrición para as axudas deportivas de alto interese municipal 2025.
A solicitude poderá facerse durante 10 días hábiles, é dicir, ata o luns 24 de novembro incluido, de dous modos: a través da Sede Electrónica ou no Rexistro Municipal.
Estas prestacións teñen como obxectivo apoiar a práctica e o rendemento deportivo, asi como a participación en competicións oficiais nas distintas modalidades recoñecidas ou eventos deportivos de nivel.
Consultade as bases en: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/04/2025_0000007113.pdf






Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!