O Concello de Abegondo abre o 1 de xuño a inscrición nas actividades de verán 2025

O Concello de Abegondo promove unha ampla oferta de actividades deportivas e culturais este verán. Os veciños e veciñas contarán con decenas de propostas para dispor de alternativas de lecer e de conciliación acordes cos seus intereses.

A oferta inclúe o programa de conciliación municipal na aula Lúdica, que reúne cada ano a decenas de nenos e nenas de Abegondo. O Concello ofrece actividades a diario de 7.30 a 16.30 horas para atender as necesidades das familias. Funcionará desde o primeiro día non lectivo de xuño ata setembro.

No ámbito deportivo, a apertura da piscina municipal está prevista para o período do 21 de xuño ao 7 de setembro.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explica que coa oferta de actividades se proporciona «un servizo esencial para os veciños» durante o verán.

 

Consulta o catálogo de actividades deportivas e culturais

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *