Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Abegondo, terra entre ríos, -Mero, Barcés e Gobia- (o seu nome vén do Visigodo, Abe=auga e gondo=terra), está enmarcado dentro da comarca natural de "As Mariñas dos Frades" (Culleredo, Cambre e Abegondo), no que a existencia de varios pazos e castros indica a relevancia que tivo ao longo da historia, destacando o Castro de Meangos, no que se atopa a igrexa de Santiago de Meangos.

Na antiga división territorial de Galicia, a maior parte das 19 parroquias pertencían á provincia de Betanzos; constituíndose desde 1835 como Concello independente, xa formado coa mesma división territorial de parroquias que a actual.

Así mesmo, a historia de Abegondo está ligada ás familias nobres asentadas nas terras deste municipio. Así a liñaxe dos Figueroa, con casa na parroquia do mesmo nome, está relacionado coa lenda do "Tributo das Cen Doncelas". Segundo a conta a lenda, este tributo era esixido polos mouros, tanto ao estado nobre como ao estado chairo, polo que as doncelas eran enviadas aos harenes, previa reclusión na Torre de Bordel, á espera de ser embarcadas rumbo a Córdoba. Catro irmáns dos Figueroa lideraron unha batalla con obxecto de liberar ás mulleres presas en Bordel-Sarandós, loitando con ramas de figueira. Deste feito heroico foi como a liñaxe dos Figueroa adoptou no seu escudo unha rama de figueira con cinco follas. O marquesado dos Figueroa foi outorgado por Carlos II no ano 1675 a Baltasar Pardo de Figueroa e Lupidana, cabaleiro da Armada e gobernador xeral de Tucumán.

Outras familias ilustres foron os Etcheverría ou os Quiroga, dos que perduran distintas edificacións que amosan a importancia que no seu tempo tiveron socialmente.

Entre os persoeiros históricos do municipio máis relevantes destacan:

  • Juan Armada de Losada XI marqués de Figueroa, nado en 1861, destacado político.
  • José Brandariz nado en 1756 en Mabegondo. Chegou a ser tenente xeral da Armada e  loitou na Batalla de Trafalgar, caendo ferido diante dos homes do almirante inglés Nelson.
  • Antonio María de Parga e Puga, foi membro da Real Orde de Carlos III e interventor do Exército en Galicia.