Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Como chegar

  • Dende a A-6 (Autovía do Noreste), dúas saídas: a 573 "Mabegondo - Carral", xirar á esquerda dirección Mabegondo e Oza dos Ríos; e a 567 "Betanzos - Mabegondo", accedendo á C-542.
  • Dende a A-9 (Autopista do Atlántico) no nó de Macenda, tense as opcións anes mencionadas de saída pola A-6.
  • Dende a C-542, de Betanzo ao Mesón do Vento.
  • Dende San Pedro de Nós (Oleiros) pola LC-221.
  • Dende Carral pola estrada provincial "Montouto a Carral".

Existen liñas regulares de autobuses que comunican Abegondo con Betanzos (Gilsanz e Castromil), Santiago de Compostela (Castromil) e A Coruña (A.Vázquez e Gómez por Carral).

Hai unha parada de taxis na capital municipal.

En tren as estacións máis pretas son os apeadeiros de Cecebre (Cambre), Guísamo (Bergondo) e as dúas estacións de Betanzos.

O aeroporto de Alvedro (A Coruña) está a pouco máis de dez minutos en coche, indo pola autovía A-6 ata a saída número 583 en Cambre para enlazar coa estrada N-550.

Outra vía rápida de acceso é por medio da autopista A-9.


LÍMITES
Ao Norte con Betanzos, Bergondo e Cambre; ao Sur con Mesía e Ordes, ao Leste con Cesuras e Oza dos Ríos e ao Oeste con Cambre e Carral.

DISTANCIAS

  • Á Coruña, 23 Kms.
  • A Santiago de Compostela, 48 Kms.
  • A Betanzos, 10 Kms.
  • A Carral, 8 Kms.
  • A Oza dos Ríos, 10 Kms.
  • A Ordes, 22 Kms.