Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

 

O Concello de Abegondo participou, desde os seus comezos no ano 2007, no Programa Urbanismo En Rede, desenvolvido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través de Red.es e a Federación Española de Municipios e Provincias, Red.es.

Urbanismo en Rede está cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Este proxecto require un cambio importante na operativa habitual do Concello e que polo tanto amosa un innegable desexo de mellorar os procesos e adaptalos aos estándares de eficiencia e transparencia que demanda actualmente a sociedade. O proxecto senta as bases dun enfoque do Urbanismo en Rede que, mediante o emprego eficaz das tecnoloxías da información e as comunicacións, facilita o traballo de todos os axentes públicos e privados involucrados na xestión do planeamento urbanístico, e posibilita o acceso directo de forma sinxela da cidadanía á información urbanística.

A información á que se ten acceso comprende tanto os documentos orixinais cos que se traballou, como o resultado final do proceso de sistematización levado a cabo coa mesma.

A esta información pódese acceder dende a simple aproximación a través da imaxe que se ofrece do territorio, como tamén da dirección ou referencia catastral. Permítense consultas para ámbitos concretos, xerando as que se denominan "fichas urbanísticas", nas que figuran, a efectos informativos, as determinacións de todos os instrumentos de planeamento vixentes.

O enlace polo que se accede ó visor está optimizado para Mozilla Firefox polo que se recomenda este navegador para acceder á  información:

 

Accede ao visor do Planeamento de Urbanismo en Rede

Aviso legal

Os datos que se ofrecen na Consulta Puntual e no Rexistro do Planeamento son a título meramente informativo e poden estar suxeitos a variación. En tanto en canto o Planeamento está en constante revisión e evolución, os datos publicados poden non coincidir exactamente coa situación real do Planeamento nunha data determinada. En calquera caso o compromiso do Concello de Abegondo trraballa para incorporar todos os cambios do Planeamento a esta ferramenta.