Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Servizos Municipais

O Concello de Abegondo traballa para ser unha administración moderna, en mellora constante, e para ofrecer os mellores servizos aos seus cidadáns. Froito deste traballo nos últimos anos temos recibido premios a nivel autonómico, nacional e europeo por ser os mellores en xestión de actividades deportivas, ambientais e de desenvolvemento sostible.

Procuramos tamén facer realidade a administración electrónica, para o que afrontamos, e temos aínda por diante, retos importantes que conlevan cambios profundos nas formas de traballo e de organización. Hoxe en día son realidade:

  • A Sede Electrónica, que permite, con total validez e seguridade xurídica, completar a distancia trinta e tres trámites administrativos, consultar o estado de calquera expediente que unha veciña ou veciño teña aberto e dar publicidade maior transparencia a todos os actos administrativos.
  • A web do Planeamento Urbanístico, que publica e fai accesible toda a información do Plan Vixente dun xeito que resulta comprensible para calquera persoa.
  • A web do concello, que agora estamos a cambiar tamén a abegondo.gal, para facelo mais usable, accesible, mais comprometida coa nosa língua, a nosa cultura, tradicións e valores, en definitiva mais parecido a Abegondo.

A nosa teima é seguir mellorando, para o cal precisamos a vosa colaboración e participación.