Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
Publicada a concesión definitiva das axudas solicitadas ao Concello de Abegondo ao abeiro da convocatoria do PEL-Reactiva, integrado no Plan de Emprego da Deputación da Coruña.
As persoas beneficiarias deberá presentar telematicamente, a través da sede electrónica do Concello, os xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas, efectivamente pagadas dentro do período subvencionable, correspondentes aos gastos subvencionables, ou documentos contables de valor probatorio equivalente. No caso de que as facturas non teñan os conceptos de gasto debidamente especificados, deberán entregar un documento aclaratorio do seu contido. O prazo para a xustificación das axudas rematará o día 31 de marzo de 2021.
O período subvencionable abarcará dende o 1 de marzo de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.
Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 €. O importe de axuda a conceder será minorada na cantidade que exceda deste límite.
Listaxe de concesión definitiva das axudas do PEL-Reactiva
Descargar (195 Kb)
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados