Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
Inicio do prazo de presentación de Solicitudes de Ingreso na Escola Infantil Municipal Pasiños para o curso 2021/2022, e que se iniciará en setembro de 2021.
O Servizo de Escola Infantil Municipal está dirixido a menores con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, que pola súa idade non poidan estar escolarizados/as nun centro educativo ordinario. Unha escola con equipamento adaptado ás necesidades dos máis pequenos na que se imparte o primeiro ciclo de educación infantil non obrigatorio e que conta con catro unidades de atención.
Ofértase un Servizo baseado nun proxecto educativo e encamiñado a favorecer un axeitado desenvolvemento e atención socioeducativa. O horario do Centro é ininterrompido e ampliado, permanecendo aberto de 7:45 h a 19:00 h, non podendo superar máis de oito horas no centro. Asemade ponse a disposición dos pais o servizo de comedor escolar (catering) para os menores a partir dun ano de idade.
A finalidade do Servizo de Escola Infantil é a de favorecer a socialización de nenas e nenos destas idades contribuíndo a un desenvolvemento íntegro da súa personalidade e a de ofertar un recurso que favoreza a conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Contribúese co establecemento de medidas de impulso demográfico que favorezan a conciliación, aplicándose na escola infantil municipal a gratuidade da atención educativa no suposto do/a segundo/a fillo/a e sucesivos da unidade familiar.
Son requisitos para poder solicitar praza na Escola Infantil Municipal:
Que o menor nacese no momento de presentación da solicitude.
Idade do menor:
- Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso. (setembro 2021)
- Non ter cumpridos os 3 anos de idade a 31 de decembro de 2021.
*Os menores que xa estiveron escolarizados no curso 2020/2021 deberán presentar a reserva da praza para o vindeiro curso.
A solicitude poderase presentar a través dos seguintes medios:
• Presencialmente, solicitando cita previa no teléfono 981647996 (Departamento Servizos Sociais) en horario de 8:30 h a 14:30 h de luns a venres. O formulario de solicitude de praza cumprimentarase na entrevista e achegarase a documentación económica-familiar. En caso de non ser posible polo/a solicitante acudir presencialmente poderá contactar cos Servizos sociais para cita telefónica e tramitación da solicitude.
• Telematicamente en sede.abegondo.gal seleccionando en SERVIZOS SOCIAIS o procedemento “solicitude de praza na escola infantil municipal” e accedendo empregando o DNIe/Certificado electrónico para iniciar trámite (online). Se non se emprega a vía telemática poderá descargarse os impresos dende esta páxina.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados