Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
Neste ano tan especial, celebraremos o Entroido no colexio e nas casas. O Concello anima a toda a veciñanza a celebrar estas datas a través do seu disfrace, recomendando a nosa ancestral figura do Choqueiro, indentificadora da nosa comarca.
Intentamos acadar una gran Festa on line do Entroido, cumprindo sempre a normativa Covid vixente.
Venres 12 de febreiro
O concello realizará obradoiros de entroido e de choqueiros no CEIP San Marcos, a todos os grupos burbulla existentens no colexio, respectando os protocolos e normativa covid.
Entroido nas redes
Todos os veciños e veciñas de Abegondo que envíen as súas fotos de choqueiros ou calquera outro disfrace, recibirán un agasallo adaptado á súa idade.
O envío farase a través da app Tokapp (válido tamén Tokapp School), dispoñible en Play Store ou App Store. Trala descarga é necesario rexistrarse e suscribirse ao Concello de Abegondo marcando a opción Entroido 2021.
Prazo de entrega: recibiranse fotos ata o martes 16 ás 20.00 horas.
O domingo 14 e o martes 16 o Concello publicará nas redes sociais de Facebook e Instagram as fotos recibidas.
Nenos, nenas e maiores.... a disfrazarse!
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados