Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
O Concello de Abegondo organiza mañá, martes 5 de xaneiro, unha cabalgata diferente por motivo da situación sanitaria, pero coa intención de que os pequenos e pequenas do municipio vivan a chegada dos Reis Magos.
Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán todas as parroquias do municipio desde as 15.30 horas. E farano a bordo dun coche histórico.
Desde esa hora está previsto chegar cada 10 minutos a unha parroquia, segundo os horarios publicados na web municipal. O goberno local pide á cidadanía que extreme as precaucións debido a covid e evite as aglomeracións, gardando en todo momento a distancia de seguridade.
O Concello sinala que en función do número de persoas que se acheguen ás inmediacións pódense producir atrasos. Por iso, anunciará a chegada a cada parroquia no Facebook municipal, para facilitar así aos veciños que o calculen.
Ao termo do percorrido terá lugar unha recepción real no polideportivo municipal. Só poderase pasar a saudar ás súas Maxestades por unidade familiar.
Na comitiva, ademais dos Reis Magos, participará Cruz Vermella de Betanzos e Protección Civil.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados