Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, asinou esta mañá o convenio do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña.
Os concellos adheridos a este plan comprométense a levar a cabo as actuacións que se consideren necesarias para garantir unha mellor coordinación e conectividade entre os diferentes servizos e modos de transporte público, así como, no marco das súas competencias, mellorar a integración física das redes de transporte público.
Tamén se comprometen ao mantemento da aplicación da política tarifaria establecida con base ao convenio formalizado de data 25 de outubro de 2010.
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presidiu a firma dos convenios de transporte metropolitano cos alcaldes que integran este plan na delegación da Xunta.
Este plan está integrado pola Xunta e os concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, A Laracha, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados