Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, recibiu hoxe a visita do delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor. O obxecto da visita foi coñecer, de primeira man, o uso que o Concello está a darlle ao seu novo coche eléctrico. O vehículo, valorado en 40.000 euros, contou cunha subvención da Xunta de Galicia de 32.000 euros –achegando o Concello os 8.000 euros restantes-.
O rexedor agradeceu a Trenor a colaboración da Xunta e sinalou o compromiso do Concello por seguir “apostando por tecnoloxía que permita reducir as emisións de CO2”. Como explicou Santiso, este vehículo está a utilizarse, entre outras cousas, para realizar a vixilancia de montes, control de verteduras e demais traballos relacionados coa área de Medio Ambiente.
Santiso apunta que o Concello de Abegondo está subscrito ao Pacto de Alcaldes polo Clima. Froito dese programa, o goberno local presentou un plan de acción que contén medidas co obxecto de frear o cambio climático. O obxectivo é un descenso das emisións de CO2 dun 40% para 2030.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados