hire someone to write an essay cna travel assignments janitorial services business plan how to write an essay fast and easy descriptive essay about school finance department business plan economics research paper best buy resume app uninstall

Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Bono Social Térmico 2020

O bono social térmico (en adiante BST) é unha axuda xestionada pola Xunta de Galicia, con  cargo ao orzamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico,  destinada a compensar os gastos de subministración de enerxía para usos térmicos, como  calefacción e auga quente regulado polo Real Decreto-lei 15/2018. 

Teñen dereito a percibir o BST do ano 2020 os beneficiarios do Bono social Eléctrico a  31/12/2019. En concreto en Galicia son 87.076 persoas que se poden clasificar en dous  grupos en función da información da que se dispón:  

  • De 74.208 persoas tense toda a información necesaria para o pagamento da axuda,  polo que se non renuncian a esta recibirán o pagamento sen realizar ningún trámite. 

  • Das restantes 12.868 persoas non se dispón do número de conta para realizar o  ingreso (12.526), de información necesaria do DNI (256) ou ambos (86), polo que se  non completa esta información non se poderá realizar o pagamento aínda que non  renuncien á axuda. 

O Inega publicou no DOG o día 9 de novembro unha resolución pola que se notifica o dereito  a percepción da axuda destas 87.076 persoas indicando a axuda que lle corresponde a cada  unha e se ten que completar documentación ou non. Desde a publicación da citada  resolución dáse un prazo de 10 días hábiles (23 de novembro) para presentar a  documentación complementaria ou solicitar a renuncia a percepción desta. Ademais, co  ánimo de chegar ao maior número posible de persoas, de xeito simultáneo, mandouse unha  carta individual a cada beneficiario informando da súa situación persoal e dándolle a  información de acceso a aplicación informática habilitada para a xestión do BST.  
Trátase dun Formulario electrónico accesible desde ordenador, teléfono móbil ou tablet no seguinte enderezo https://appsinega.xunta.es/bonosocialtermico ao que pode acceder  indicando o seu DNI (información que non irá na carta) e un código de acceso que si irá na carta. Mediante esta aplicación os beneficiarios poderán modificar a conta bancaria na que  se fará o ingreso comunicada na carta personalizada, dos beneficiarios que non se dispoña  de número de conta poderán comunicar un (aínda que non sexan titulares da mesma  aportando neste caso copia do DNI do titular), e dos que non se dispoña de información do  DNI poderán subilo a aplicación.

A comunicación de información ou a renuncia tamén se  poderá presentar por escrito dirixido ao Inega, pero para non demorar en exceso os  pagamentos a opción preferente debe ser a través da aplicación. Como se trata de persoas  vulnerables que poden ter un acceso limitado a tecnoloxía se considera de gran valor neste  procedemento o apoio dos servizos sociais municipais ás persoas que o precisen.  

A contía a percibir por cada beneficiario determinase atendendo ao seu grao de  vulnerabilidade segundo define a normativa reguladora do bono social eléctrico, así como á  zona climática na que se localice a vivenda na que se atope empadroado, todo iso en  aplicación da metodoloxía contemplada no anexo I do Real Decreto-lei 15/2018, resultando  para Galicia as cantidades recollidas na seguinte táboa:  

 

ZONA CLIMÁTICA CONSIDERACIÓN AYUDA (€)  

C Vulnerable 49,84  

C Vulnerable severo 79,74  

D Vulnerable 67,56  

D Vulnerable severo 108,1  

E Vulnerable 77,46  

E Vulnerable severo 123,94  

Para obter máis información sobre o Bono Térmico, pode acceder á web do Inega  http://inega.xunta.gal ou chamar ao 881 55 49 13 en horario de 9:00 a 19:00 h.


RGporn.com - Download Porno HD