Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A Xunta reforzará desde hoxe a conexión de autobús entre Montouto, en Abegondo, e A Coruña coa posta en marcha de novos servizos

A Xunta reforzará desde o vindeiro mércores a conexión de autobús entre Montouto, en Abegondo, e A Coruña, coa posta en marcha de novos servizos.

Coa fin de facilitar a mobilidade dos veciños desta área, entrarán en funcionamento dous servizos adicionais: un ás 10:30 horas, con orixe na Coruña e destino en Montouto e outro ás 20:00 horas no percorrido inverso.

Estas novas expedicións, que veñen a incrementar as opcións de comunicación nesta contorna, prestaranse de luns a venres durante todo o ano.

Tamén se modificará o servizo das 6:15 horas con saída desde Mezonzo, en Vilasantar, que se atrasará ás 7:25. Este axuste permite recuperar a expedición con saída dende Montouto cara A Coruña, ás 9 horas, pasando pola primeira localidade ás 8:45, aproximadamente.

Estas melloras nos servizos tamén inclúen o aumento de conexións entre A Coruña e Montouto, na franxa horaria comprendida entre as 12 e as 16 horas. Para isto, mudará o sentido da expedición das 14 horas, cuxa saída será desde a cidade herculina.

A Xunta, a través do novo Plan de Transporte Público de Galicia, continua ampliando a cobertura do autobús e mellorando os servizos para responder ás necesidades reais dos cidadáns en materia de mobilidade.

Consulta e descarga os novos horarios:

Descargas


RGporn.com - Download Porno HD