Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Comezo das actividades deportivas de nenas e nenos

Poránse en marcha o dende o vindeiro 1 de setembro

Informamos que dende o 1 de setembro comenzamos as actividades deportivas de nenas e nenos coas actividades de Fútbol 11 (alevíns, infantís e cadetes), a actividade de Ximnasia rítmica de Competición e Balonmán 7 (alevín, infantil e cadetes), o resto de actividades deportivas comenzarán en outubro e as adaptaremos según a situación covid-19.

Os protocolos a seguir serán comunicados a partir do luns 31.
As actividades de adultos serán unha continuación das actividades de agosto, o resto de actividades deportivas de adultos darán comenzo en outubro.

O horario do ximnasio municipal ampliarase como todos os anos , de luns a venres en horario ininterrompido de 8:30 a 22:30 e sábados mañá de 10:00 a 14:00 h.

Actividades deportivas 2020-2021

NORMAS XERAIS

- O protocolo COVID-19 sinalado nas instalacións será de obrigado cumprimento por parte dos usuarios que queiran facer uso das mesmas e será plenamente vinculante, sen prexuízo das normas que se publiquen por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia. En todo caso, o cumprimento deste protocolo corresponderá aos usuarios cando practiquen actividade física baixo a súa exclusiva responsabilidade.

- Este ano para facilitar o inicio das actividades, as renovacións nas actividades serán automáticas en todas as actividades, aqueles que non desexen continuar esta tempada 2020-2021 deberán comunicar a baixa via correo electrónico deportes@abegondo.gal ,no Rexistro Municipal cubrindo a folla de inscricións ou por sede electrónica https://sede.abegondo.gal/.

Nunca deberá de facerse a través dos monitores e adestradores.

- As altas novas si que deberán presentar inscricións polos medios a súa disposición.

- O Concello resérvase o dereito de comezar, suspender ou modificar horarios atendendo ao número de inscritos ou necesidades do servizo. Nestes casos, os adestradores e monitores das actividades informarán aos usuarios.

- Hai un seguro obrigatorio de 8 € válido para todas as escolas municipais. Valido do 1/9/2020 ata o 31/8/2021.

- As inscricións e baixas tramitaranse vía correo electrónico deportes@abegondo.gal ,no Rexistro Municipal cubrindo a folla de inscricións ou por sede electrónica https://sede.abegondo.gal/ . Nunca a través dos monitores e adestradores.

- As baixas realizaranse antes do día 1 do mes na que se quere dar a baixa.


RGporn.com - Download Porno HD