Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
A Xunta de Galicia vén de publicar un novo DOG a raíz da evolución da situación epidemiolóxica da COVID19.
Mantéñense as medidas que afectan ao noso concello:
- Peche das discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, e prohibición das festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.
- Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de 10 persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
Ademais, incorpórase para Galicia a prohibición de non fumar ao aire libre sempre que non se poida manter a distancia de seguridade.
Lembramos a obligatoriedade de usar máscara en tódalas circunstancias. As forzas de seguridade aumentarán os controis para constatar que se cumpre a norma.
Por outra banda, acónsellase manter o distanciamento social e realizar unha hixiene frecuente de mans.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados