Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web
A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación
Estás en
Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos de navegación
O Concello de Abegondo estreará este sábado o novo Roteiro dous Amilladoiros. Trátase dun percorrido de 6,2 quilómetros de lonxitude, entre Leiro e Beche, pasando por Vilacova.
O roteiro aproveita parte do anterior trazado do Camiño Inglés, modificado hai 3 anos por Patrimonio, e pon en valor os denominados amilladoiros, elementos patrimoniais conformados por pedra que amontoaban os peregrinos. Debido a estes bens, foi aprobada pola Xunta de Galicia como roteiro cultural.
A senda alberga nos seus trazado bens patrimoniais e especios naturais de relevancia. É o caso da capela e a fonte de San Paio de Vilacova.
O Roteiro dous Amilladoiros funciona así como variante do Camiño Inglés actual, dado que empeza e termina nun punto da vía a Santiago. É o trazado elixido para a Andaina Primavera non Camiño que terá lugar este sábado na provincia, organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
Será a partir das 10.00 horas. O bus sairá ás 9.30 horas desde a Casa do
Concello. É necesaria a inscrición previa no departamento de Cultura.
© Copyright 2013. Excmo. Ayto. de Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318, Abegondo
Todos os dereitos reservados