Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A feira tradicional de Abegondo regresa ao campo da feira

O Concello de Abegondo modifica a localización da súa feira tradicional. O evento, que ten lugar os segundos domingos de cada mes, regresa desde este día 12 de xaneiro á o campo da feira, en San Marcos.


O goberno local probou nos dous últimos anos a súa realización no centro do núcleo, a proposta de comerciantes da zona. Ao principio funcionou ben pero finalmente rexistrouse unha baixada na asistencia. Só funcionan moi ben as feiras grandes que organiza o Concello.


Os propios veciños de distintas parroquias transmitiron ao equipo de goberno que o lugar adecuado é o campo da feira, cuestión que estudaron os técnicos municipais de Desenvolvemento Local e na que o propio pleno da corporación manifestou concordar.


O alcalde, José Antonio Santiso, avanza que para dinamizar as feiras e a propia actividade do municipio, o Concello programa diferentes eventos, actividades e degustacións en paralelo durante os próximos meses. "Poremos os medios ao noso alcance para relanzar as feiras e que sexan un foco de actividade en Abegondo", sinala.


Por exemplo,  na feira do domingo, 9 febreiro terá lugar un ralli de vehículos históricos; en marzo ou abril chegará unha nova edición da Feira do Queixo; o día 10 de maio haberá un novo encontro de palilleiras; e o domingo 14 de xuño está prevista a XXIV edición da Feira de Cans de Caza.


RGporn.com - Download Porno HD