Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo completa a mellora nas instalacións e equipos da escola infantil municipal

O Concello obtivo a axuda da Xunta de Galicia para acometer as actuacións.

O Concello de Abegondo acaba de levar a cabo a mellora das instalacións da escola infantil municipal. En concreto, a actuación dirixiuse principalmente á renovación de accesos e á dotación de novos equipos para o servizo.

Para levalo a cabo, o goberno local obtivo a axuda da Xunta de Galicia, de 24.492,47 euros. A contía obtida conta con fondos europeos procedentes do FEDER.

A intervención principal dirixiuse á mellora do firme do acceso principal. A soleira deteriorárase co paso dos anos e cos traballos de pavimentación realizados garántese agora a correcta accesibilidade.

Así mesmo, procedeuse ao acondicionamento de espazos exteriores no patio. Instalouse unha zona de céspede artificial para o uso dos pequenos e eliminouse unha zona antiga de grava. Tamén se melloraron as xanelas da planta baixa.

A nivel de equipamento, a axuda propiciou a adquisición de novo material para o exercicio do servizo. En concreto, dótase á escola de tablets, cámara de fotos e de vídeo. E en canto a mobiliario, instaláronse novas mesas e bancos.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, apunta que a escola infantil constitúe un “servizo esencial” para moitas familias de Abegondo polo que “é imprescindible investir cada ano na súa mellora”. Santiso sinala que é un “recurso moi necesario para a conciliación”.

O Concello acomete regularmente traballos na dependencia para mellorar as súas prestacións. Xa o ano pasado instaláronse elementos de protección na zona de xogos e o espazo de sesta, ou se dotou ás aulas de pintura de lousa para fomentar a creatividade dos pequenos.


RGporn.com - Download Porno HD