Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo completou as obras de remodelación do centro social de Orto

Renovouse o soportal e os aseos, mellorouse o soto e instalouse un peche.

A rede de centros sociais é obxecto habitual dos investimentos do Concello de Abegondo. O goberno local encargou a renovación do recinto da parroquia de Orto e as obras acábanse de completar. As obras supuxeron un investimento de 39.060 euros, cofinanciados pola Xunta de Galicia.

A actuación permitiu acabar cun defecto aparecido no inmoble, e que afectaba ao anexo creado, onde se sitúa o soportal de entrada e dous aseos. Presentaba unha inclinación e gretas, polo que foi necesaria a súa demolición e execución nova, tanto do soportal como dos baños e instalacións interiores, así como xanelas e portas. Así, a nova construción ten unha superficie similar á actual. Aproveitouse para adaptar os baños a persoas con mobilidade reducida. No soportal instalouse chan de granito cor area.

Outro dos traballos incluídos no proxecto consistiu na renovación do chan do soto, para acondicionalo para a realización de actividades. Tamén se creou un peche novo da parcela, con entrada para viandantes e para vehículos. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explica que o proxecto “mellorou de forma moi notable” as prestacións do local social de Orto. “Os centros sociais son fundamentais para a vida cotiá das parroquias”, sinala.

O Concello está a executar ademais a renovación integral da antiga pista de baile de Sarandós para convertela en centro social e tamén incorporou a antiga Casa do Legoeiro de Xeixade, tamén co mesmo fin. Así mesmo, levarán a cabo actuacións en diversos centros doutras parroquias. O ano pasado xa se realizaron en Montouto, Meangos ou Leiro.


RGporn.com - Download Porno HD