Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo destinará os fondos do Plan Único á renovación de viais e saneamento

O Concello de Abegondo decidiu aprobar hoxe en sesión plenaria extraordinaria do 19 de decembro de 2019 os tres puntos que recollía a acta, cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención nos tres puntos da oposición. Así, o goberno local empregará o plan de obras 2020, cofinanciado pola Deputación provincial da Coruña, á renovación de camiños das diferentes parroquias.

O obxectivo consistirá na mellora das condicións das vías, moi utilizadas polos veciños no seu día, e para incrementar a seguridade. En concreto, este plan sumará un orzamento de 190.930,70 euros. Nesta cantidade, o Concello inclúe un proxectoo de reparación de vías en Limiñón, Cos e Crendes, por 74.347,29 euros; o arranxo de vías nas parroquias de Abegondo, Orto e Crendes, por 59.611,46 euros; e a reparación da estrada entre Xuanzo e Figueiras, por 56.971,95.

Dentro do plan complementario, que se activará coas baixas nas licitacións, se introducirán un importante paquete para o acondicionamento de camiños nas parroquias de Montouto, Sarandós, Presedo, Viós e Vilacova, así como a reparación da estrada entre Axilda e O Vilar, en Meangos. Así mesmo, reservarase outra partida para a dotación do sistema de saneamento en Ardexurxo.

Servizo de tesourería

No primeiro punto do Pleno desta mañá, o Concello de Abegondo tamén decidiu aprobar o servizo de tesourería compartido cos concellos de Bergondo, Miño e Carral, o que supoñerá un importante aforro en materia económica. Abstívose o grupo de oposición.

José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo, mostrouse “plenamente satisfeito polo traballo realizado tanto polo meu equipo de goberno como de todos os técnicos do Concello” e aproveitou para felicitar as festas. “Por un 2020 mellor para Abegondo e para todas e todos nós”, sentenciou o edil.


RGporn.com - Download Porno HD