Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo estuda o cambio de lugar e frecuencias da feira tradicional

Concello de Abegondo estuda posibilidades para a modificación do emprazamento e frecuencia de celebración da feira tradicional. Así o explicou o alcalde, José Antonio Santiso, durante o pleno ordinario da corporación celebrado no día de hoxe nunha pregunta formulada polo grupo de AxA.

A feira tradicional celebrarase os segundos domingos de mes no centro de San Marcos. Foi unha localización elixida hai dous anos a proposta de comerciantes da zona. Ao principio funcionou ben pero actualmente baixou a asistencia. Só funcionan moi ben as feiras grandes que organiza o Concello.

Santiso sinalou que a opinión transmitida por veciños de distintas parroquias é que a feira funciona mellor en campo da feira e por iso sopésase trasladala de novo alí. Así mesmo barállase variar a data de celebración para tentar revitalizar a asistencia.

Os técnicos de Desenvolvemento Local están a analizar as posibilidades, apuntou o alcalde. O portavoz de AxA mostrouse de acordo en cambiar a localización actual.

Modificación do plan adicional O pleno aprobou a solicitude do Concello á Deputación para participar no plan adicional de obras e servizos. O punto levouse a pleno para modificar uns erros a requirimento da entidade provincial e foi aprobado polos votos favorables do goberno local e a abstención de AxA.

A cargo deste plan, de 326.064,98 euros, o Concello acometerá catros actuacións: a reparación de camiños nas parroquias de Abegondo,
Meangos, Viós e Folgoso; a mellora de seguridade viaria no camiño de Couto a Vilar (Meangos); a urbanización de rúas na Igrexa (Mabegondo); e a urbanización dun tramo de Ferrería, tamén en Mabegondo.


RGporn.com - Download Porno HD