Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo e Xunta sumarán forzas para acometer melloras nas instalacións do IES de Viós

Concello de Abegondo e a Consellería de Educación sumarán forzas para mellorar as prestacións dos centros de ensino do municipio. Na mañá de hoxe, o alcalde, José Antonio Santiso, e o xefe territorial da Consellería na Coruña, Indalecio Cabana, visitaron o IES de Viós e o CEIP San Marcos para reunirse cos equipos directivos e concretar actuacións que dean resposta ás necesidades de cada un.

O primeiro acordo chegará para os rapaces do IES. Por unha banda, o Concello asumirá un proxecto de mellora na pista polideportiva.

Acometerase unha reordenación dos vestiarios, para ampliar a zona das duchas, e que sexan máis funcionais especialmente en xornadas de competicións. Tamén se prevén traballos de acondicionamento e pintura en paredes e teitos.

Na zona de xogos, o Concello traballará nun proxecto para a substitución da actual iluminación, de gran consumo, por tecnoloxía LED, que posibilitará un importante aforro na factura eléctrica e a eficiencia enerxética. Así mesmo, arranxarase o marcador electrónico.

Dentro do IES, a Consellería atenderá a petición do centro para a renovación do salón de usos múltiples. Tratarase de configurar un espazo válido para reunións e xornadas, pero tamén para actuacións.

Os traballos en principio incluirán o illamento do recinto e a dotación de equipamentos.

Santiso e Cabana coincidiron na importancia de manter unha “colaboración fluída” entre as administracións, e en contacto continuado coa dirección dos centros, para acometer melloras nas instalacións.

O alcalde sinalou que desde o Concello incluiranse sempre que sexa posible fondos para melloras en educación “porque é unha prioridade”. Cabe lembrar que en 2015 xa o Concello e a Xunta renovaron por completo a pista deportiva do IES, dotándoa dun firme para a práctica deportiva.

CEIP San Marcos

No CEIP San Marcos, o alcalde e o xefe territorial mantiveron un encontro coa dirección para analizar posibles intervencións. Entre outras melloras, búscase a fórmula para ampliar a biblioteca.

Ademais, visitaron o resultado das obras acometidas o pasado verán, nas que se renovou a totalidade da instalación eléctrica, e mellorouse o comedor con novas ventás.


RGporn.com - Download Porno HD