Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Os oito concellos promotores do obradoiro de emprego ‘Reserva de Biosfera: emprego rural’ únense para dinamizar a procura de emprego

Esta mañá tivo lugar no Consitorio de Abegondo a xornada inaugural do obradoiro dual de emprego ‘Reserva de Biosfera: emprego rural’, cuxas entidades promotoras son os Concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Paderne e Sada.

Á presentación acudiron Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia; Pablo Casal, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia; Ovidio Rodeiro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña; José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo; Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo; Mª Jesús Regueiro, concelleira de Betanzos; Javier Gestal, alcalde de Carral; Mª do Pilar Rilo, concelleira de Oza-Cesuras; Francisco Quintela, alcalde de Coirós; Sergio Platas, concelleira de Paderne e Benito Portela, alcalde de Sada. Tamén estiveron presentes os vinte alumnos que participarán no obradoiro, o director, os docentes, o administrativo e o profesor-titor.

A posta en marcha deste taller responde á finalidade de mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego de dezaoito ou máis anos de idade, procurando a cualificación profesional e favorecendo a inserción laboral no mercado de traballo do alumnado. Cabe destacar que ten vixencia en todo o Estado español.

A entidade que financia este proxecto é a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cun total de 336.446 euros. O proxecto contempla unha formación nas áreas de fruticultura e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

O obradoiro terá unha duración de nove meses, comezando hoxe, 12 de novembro, e finalizando o 11 de agosto de 2020, nun horario de 7:30 a 15:30 horas, de luns a venres. Está organizado no marco da Reserva de Biosfera, Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que leva máis dun lustro xerando oportunidades de apertura dos mercados de traballo, sempre apoiándose na sustentabilidade e na aposta polos produtos locais.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, quixo destacar “a importancia que ten un proxecto como este, xa que a formación é todo, é o alicerce sobre o que apoiaredes o voso camiño cara á inserción laboral. Estades a participar nun programa que ten oito anos de vida e cunha formación teórico-práctica. Estamos a falar dunha formación oficial e válida en todo o territorio español. Os concellos que promoven esta iniciativa comparten a visión de colaboración, e hai que facer fincapé tamén niso. Traballamos cun dobre obxectivo: que vos integredes no mercado laboral de Galicia, e por unha Galicia máis verde. O noso deber é apoiar este tipo de iniciativas, xa que se trata dun proxecto singular e o 30% do noso territorio pertence ou pertencerá a algunha Reserva de Biosfera. Quero agradecer tanto aos concellos, como a vós, alumnado, e ao corpo de formación, que este proxecto se leve a cabo”.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, por outra banda, sinalou que “temos unha vantaxe en toda a ‘bisbarra’, e é que independentemente da cor política, todas e todos nos entendemos moi ben. Somos oito Concellos unidos por un obxectivo común: a formación. Máis de 500 persoas xa se formaron no marco da Reserva de Biosfera. O que pretendemos é que o exemplo de sustentabilidade sexa referencia para toda Galicia”, finalizou o edil abegondés.


RGporn.com - Download Porno HD