Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A contorna de Beche acollerá o vindeiro venres 11 de outubro o I Trail Nocturno do Camiño Inglés

- A inscrición está aberta ata o mércores 9. - A proba conta con dous percorridos uno de 12 km e outro de 7,5 km en formato de andaina. - Tras a carreira terá lugar unha serie de celebracións populares que inclúen unha churrascada e música para amenizar a noite.

O Concello de Abegondo, xunto coa Xunta de Galicia (a través do Xacobeo 2021), organizan a primeira edición dunha proba deportiva que ten tamén a súa parte lúdica e social. Trátase do I Trail Nocturno do Camiño Inglés que acollerá a contorna do Encoro de Beche (Abegondo) polo que precisamente discorre ese roteiro xacobeo. A cita presenta aos deportistas a posibilidade de competir no Trail de 12 quilómetros, ou participar na Andaina de 7,5 km. En principio, estamos ante unha distancia e dureza do percorrido bastante alcanzable para quen se inicie nesta disciplina deportiva.

A proba terá lugar na noite do próximo venres 11 de outubro. A inscrición, que xa está aberta, pódese realizar a través da web www.galitiming.com (http://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/i-trail-nocturno-do-camino-ingles-abegondo/?lang=es). As persoas rexistradas van camiño das 250, esperándose unha ampla participación. Entre os rexistrados hai representación de máis de 15 clubs entre os que están Gallaecia Raid, As Vellas Non Paramos, O Xalo Oscuro, Club Atletismo Sada, Atletismo Aceadama, Running Arteixo, 3&Run by Pedro Nimo, Jarnachos, Club Triatlón Arteixo ou As Gacelas, entre outros.

O custo do trail é de 12 euros e o da andaina 7 euros. Os deportistas poderán anotarse ata as 22:00 horas do 9/10/19, momento no que se pechará o proceso de inscrición.

As categorías en liza para a modalidade de Trail son as seguintes:
Absoluto Masculino de 18 a 45 anos.
Absoluto Feminina de 18 a 45 anos.
Veterano/a. A partir de 46 anos.

A inscrición inclúe un foco frontal (de uso obrigatorio), avituallamiento (líquido e sólido), seguro de accidentes e de responsabilidade civil, así como un  ticket para gozar de churrasco e bebida ao final da carreira.

A carreira conta como marco e como eixo principal co Camiño Inglés,
que tantos peregrinos recibe ao longo do ano ao seu paso por este enclave.

Precisamente a través desta proba preténdese colaborar na promoción do citado roteiro xacobeo. Haberá tres tipos de marcas para seguir o percorrido, por unha banda marcas fixas con frechas de dirección en cruces e interseccións, cinta de  balizar branca e vermella, carteis de dirección, así como frechas de espraybiodegradable en cor fluorescente para maior visibilidade.

Está prevista a recollida de dorsais a partir das 19:00 horas e ata
as 20:00 h. A saída está marcada para as 20:30 horas e a entrega de premios para as 22:15 horas.

A contorna do encoro de Beche é un espazo natural dunha gran beleza paisaxística e natural, polo que a proba gaña en atractivo máis aló do puramente deportivo. Precisamente por esta condición de espazo natural de gran interese ambiental, a organización roga ás persoas participantes que respecten a contorna e non tiren restos de plástico ou desperdicios no monte, así como que se tente non molestar á fauna que poboa o lugar e que se poidan atopar os corredores ao longo do percorrido.

Se a cita non fose suficientemente tentadora con estes ingredientes,
súmenlle unha festa en toda regra ao finalizar as dúas probas. Churrascada e música en directo, da man do artista Carlos Manteiga, son os alicientes a maiores cos que se adereza a noite do venres 11. Durante a proba deportiva realizarase unha reportaxe fotográfica ao que poderán acceder as persoas participantes neste Trail de maneira gratuíta.


RGporn.com - Download Porno HD