Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O abegondés Roi Calviño representa a España no Campionato de Europa de Salto que se celebra esta semana en Holanda

Abegondo ten participación no Campionato de Europa de Salto de Obstáculos que se celebra durante toda esta semana na localidade holandesa de Zuidwolde. O mozo de 21 anos, Roi Calviño, veciño de Abegondo forma parte da selección española na categoría de Novos Xinetes, categoría anterior á absoluta.

Foi un dos elixidos polo seleccionador nacional. O equipo español de Novos Xinetes componse de 5 xinetes, entre os que está Calviño.

Competirá co seu cabalo Enjoy  CR. O abegondés foi seleccionado tras os grandes resultados cultivados no último ano. Obtivo a medalla de bronce no Campionato de España en outubro, e en Galicia xa lograra o ouro hai dous anos.

Calviño participou nas 3 últimas Copas de Nacións coa selección española que se realizaron en Francia, Alemaña e Holanda. Destaca a súa situación na clasificación nacional despois das súas tres últimas excelentes tempadas.

O Concello de Abegondo quere felicitar ao deportista por este fito para o deporte local e deséxalle sorte na competición desta semana.


RGporn.com - Download Porno HD