Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo solicita 1,9 millóns á Xunta para dotar de saneamento ao 100% da península de Crendes e Orto

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, dirixiuse á Xunta de Galicia na procura dunha importante colaboración económica que permita completar o 100% do servizo de saneamento na península de Crendes e Orto. Trátase dunha zona de especial necesidade de intervención dado que está rodeada polo encoro de Abegondo – Cecebre, reserva da auga que beben centos de miles de persoas
da comarca.

Para o proxecto, o  Concello xa ten comprometidos 500.000 euros. Son necesarios outros 1,9 millóns máis para asegurar a actuación na península conforme ao proxecto, xa redactado por un consulting, e así llo solicitou á Xunta de Galicia.

Santiso expuxo á Xunta esta colaboración tan elevada dada a importancia do proxecto. “Servirá tanto para a preservación ambiental nun punto tan sensible á vez que proporcionaremos un servizo básico aos veciños da zona”, sinala.

Actualmente está en marcha a primeira fase das obras, que asume a Xunta de Galicia. Neste caso o investimento é de 300.000 euros e os traballos céntranse na colocación de colectores nas zonas de  Macenda e O Covelo.

Así mesmo, xa está acordada a segunda fase entre o  Concello e a Deputación da Coruña. A Deputación comprometeuse a achegar 165.000 euros dos 206.300 euros das actuacións. A contía servirá para instalar un pozo de bombeo para impulsar as augas fecais nos colectores, así como para dotar de rede de sumidoiros ás vivendas existentes en Orto, Orto de Arriba, Agrolongo e Tras da Igrexa. Así mesmo, construirase unha rede de carácter separativo na que se recollerán as augas residuais urbanas e as augas de infiltración.


RGporn.com - Download Porno HD